Novas

22-08-2023 -

O mago Dani García actuará no ACRD O Pote de Maniños o domingo 27

O mago Dani García, nado no noso concello, traerá este domingo ao ACRD O Pote de Maniños, un  espectáculo de maxia, de humor, de clown e de inxenio. Un espectáculo inventivo, onde a maxia muda de estética, de ritmo ou de motivación para sorprender co imposible.

Será o 27 de agosto ás 12.30 horas.
 
 
16-08-2023 -

Homenaxe a Ramón José Souto González, último alcalde fenés da República

O Concello de Fene celebrará este mércores 16 de agosto, a partir das 20.00 horas, un acto de homenaxe e lembranza a Ramón José Souto González, o último alcalde da República en Fene, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936. O acto terá lugar na praza da casa consistorial, hoxe bautizada co nome do ex alcalde en recoñecemento e memoria da súa figura.
14-08-2023 -

A exposición "Arte e Transtornos Mentais" chega este mércores ao seu fin.

Como complemento da exposición, o Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity realizará hoxe, luns 14 de agosto ás 12.00 h, unha visita guiada.


⚠️ AVISO IMPORTANTE, o Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity informa da cancelación do acto de clausura da exposición "Arte e Transtornos Mentais"previsto para hoxe mércores no Museo do Humor Xaquín Marín.
Nos vindeiros días anunciarán a nova data. Rogamos disculpen as molestias.
11-08-2023 -

O Perla Mural Fest festexa mañá sábado o remate do festival

Mañá sábado 12 de agosto, as pistas do C.C.R.D. Perlío acollerán ao longo de toda a xornada un evento para festexar o remate do gran traballo realizado polos/as artistas participantes no @perlamuralfest.

A programación prevista é: 
A partir das 13:00h sesión vermú co grupo "Los Junkos" @losjunkos
A partir das 22:30h concerto do grupo "SINTROM" @sintrom_ni_sonSorteo de estuche Bodegas Barral
Fin de Festa con "DJR4TIBRÓN"
10-08-2023 -

Un novo obradoiro de emprego, o INICIA VII, dará comezo en setembro

O Concello de Fene xunto cos de Ares, Mugardos e Cabanas impartirá, a partir de setembro de 2023, cunha duración dun ano, o obradoiro de emprego INICIA VII subvencionado pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, co apoio financeiro da Unión Europea a través do FSE e do SEPE a través do Programa operativo de emprego xuvenil PROXECTO INICIA VII, con 16 prazas, programa mixto de formación e colocación dirixido a mozos e mozas empadroados nun dos catro concellos e que estean rexistrados no programa de garantía xuvenil. 
03-08-2023 -

Aberto o prazo de inscrición na 10ª Edicicón da carreira solidaria da Muller

A Concellería de Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller do Centro de Servizos Sociais do Concello de Fene, informa da 10ª Edición da Carreira da Muller que terá lugar en A Coruña o vindeiro 24 de setembro de 2023, evento de carácter deportivo e lúdico que se celebra para apoiar a loita contra o cancro de mama.
02-08-2023 -

Regulación do tráfico durante o Felicia Pop Festival 2023

Durante este venres e sábado, Limodre acolle a  vixesima quinta edición do Felicia Pop.
Serán dúas xornadas ben intensas que requiren un grande esforzo organizativo e de coordinación, sobre todo en materia de tráfico. Neste sentido deseñouse un dispositivo especial que comezará este venres ás 19.30 e que se manterá até as 8.00h do domingo.
01-08-2023 -

Blues e soul no Parque da Hortiña o vindeiro sábado 5 de agosto.

O rock galego con acento máis americano chegan a Fene o sábado 5 de agosto, ás 13.30 h, para despregar a proposta coa que se abriron un camiño propio na música: unha sonoridad que bebe de ritmos como o rock and roll, o blues ou o soul, e que tamén dialoga con The Kinks ou The Beatles. Actuación enmarcada no Ciclo Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.
27-07-2023 -

Horarios de adestramento de pretempada no campo de fútbol de Os Pinares

Rematado o prazo de solicitude de adestramento no Campo de Fútbol de Os Pinares para a pretemporada 2023-2024 para clubes federados do Concello de Fene (do 10 ao 24 de xullo), o Concello publica na web municipal os horarios definitivos. Así mesmo, as solicitudes de adestramento de pretempada 2023/2024 para o Pavillón Polideportivo de A Xunqueira para clubes federados do Concello seguirán abertas ata o 25 de agosto.
27-07-2023 -

Asinados os convenios de colaboración correspondentes ás subvencións nominativas para os festivais Felicia Pop e Fenerock

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, o concelleiro de Cultura, Justo Ardá, e representantes das asociacións A.C. Felicia e Centolos A.C. reuníronse este xoves na Casa do Concello para asinar os convenios de colaboración entre o Concello de Fene e ámbalas dúas entidades ao obxecto de organizar os festivais Felicia Pop Festival e Fenerock 2023. Convenios que, no seu conxunto, suman 22.000€, a razón de 11.000€ para cada unha das sociedades. Con estas aportacións, o Goberno Municipal de Fene pretende apoiar a organización de dous certames que, pola súa traxectoria e especial interese, son xa un referente no calendario de festivais de música en Galicia.