Novas

06-10-2022 -

O Concello de Fene abre o prazo de solicitude das axudas do Bonobús Universitario 2022-23

Coa publicación no Boletín Oficial da Provincia das bases da convocatoria de subvencións ao transporte de estudantes universitarios/as que cursen estudos nos campus da Coruña durante o curso 2022-2023, dende o venres 7 ao luns 17 de outubro poden presentarse solicitudes no Concello de Fene. O programa ten como obxectivo “facilitar o desprazamento diario de luns a venres no traxecto Fene-A Coruña-Fene para o estudantado universitario fenés nun campus da cidade de A Coruña durante o curso 2022-2023”. Para información ou consultas relacionadas coa subvención do Bonobús Universitario, a veciñanza pode chamar ao teléfono 981 340 366.

As solicitudes formalizaranse no modelo de solicitude establecido (que se pode descargar na web municipal www.fene.gal) e presentarase no Rexistro Xeral do Concello por vía telemática ou por vía presencial en días laborables, de luns a venres, en horario de 08.30 a 14.00 horas
05-10-2022 -

Servizos Sociais pon en marcha un curso de empoderamento e autodefensa persoal para mulleres

Esta mañá comezou nos ximnasio da Casa da Cultura o curso "Empoderamento e autodefensa persoal" organizado pola Concellaría de Servizos Sociais co obxectivo de facilitarlles ás mulleres participantes técnicas básicas para repeler unha posible agresión e, máis que nada, o adestramento emocional necesario para manter a calma e pedir axuda o antes posible. Na actividade, que se desenvolverá até o mes de xuño, inscribíronse 13 veciñas de Fene, ás que cómpre engadirlles outras 7 en lista de agarda. O obradoiro váiselles ofrecer tamén a mozas de entre 13 e 18 anos nas tardes dos martes e xoves cos mesmos contidos. Poden anotarse até o 18 de outubro no 981 493 706 ou en servizos.sociais@fene.gal. As sesións de defensa persoal, autoconfianza e empoderamento que arrancaron hoxe están programadas para os martes e xoves en horario de 9:30 a 11:00h. Unha hora e media de actividade que se reparte entre o quecemento inicial e a aprendizaxe de técnicas de taekwondo e kickboxing que poden ser de grande axuda para ganar tempo ante unha eventual agresión, sexa dentro ou fóra da casa. 
04-10-2022 -

Servizos Sociais pon en marcha un curso de empoderamento e autodefensa persoal para mulleres

Esta mañá comezou nos ximnasio da Casa da Cultura o curso "Empoderamento e autodefensa persoal" organizado pola Concellaría de Servizos Sociais co obxectivo de facilitarlles ás mulleres participantes técnicas básicas para repeler unha posible agresión e, máis que nada, o adestramento emocional necesario para manter a calma e pedir axuda o antes posible. Na actividade, que se desenvolverá até o mes de xuño, inscribíronse 13 veciñas de Fene, ás que cómpre engadirlles outras 7 en lista de agarda. O obradoiro váiselles ofrecer tamén a mozas de entre 13 e 18 anos nas tardes dos martes e xoves cos mesmos contidos. Poden anotarse até o 18 de outubro no 981 493 706 ou en servizos.sociais@fene.gal. 
As sesións de defensa persoal, autoconfianza e empoderamento que arrancaron hoxe están programadas para os martes e xoves en horario de 9:30 a 11:00h. Unha hora e media de actividade que se reparte entre o quecemento inicial e a aprendizaxe de técnicas de taekwondo e kickboxing que poden ser de grande axuda para ganar tempo ante unha eventual agresión, sexa dentro ou fóra da casa.  
04-10-2022 -

Obradoiro dual de emprego Reinicia IX

Na xornada de onte deu comezo o obradoiro dual de emprego Reinicia IX promovido polo Concello de Fene, xunto cos de Ares, Mugardos, e Cabanas.

Ao acto inaugural levado a cabo na Alianza Aresana, acudiu o Alcalde de Fene, Juventino Trigo, a Concelleira de cultura e emprego de Ares Alma Barrón, o alcalde de Cabanas Carlos Ladra, o Concelleiro de persoal de Mugardos Miguel Mahía, a Delegada Territorial da Xunta en Ferrol Martina Aneiros e a Xefa territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade Judit Fontela.
04-10-2022 -

Talleres de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes no medio rural

O Concello e a Fundación Mujeres –coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña- desenvolverán en Fene un  obradoiro presencial de apoio integral a coidadoras de persoas dependentes no medio rural.

Os talleres terán lugar na Casa da Cultura de Fene, en horario de 16.00 a 18.00 horas, os mércores 2, 9, 16 e 23 de novembro.
03-10-2022 -

O fotógrafo ferrolán Carlos Muíños presenta en Fene “Os soños esquecidos”

A Casa da Cultura de Fene acolle desde este martes a exposición de fotografía “Os soños esquecidos”, de Carlos Muíños. A mostra, formada por unhas corenta obras, reflicte espazos abandonados (vertente fotográfica que adoita coñecerse coma “urbex”). Son fotografías realizadas a partir de 2017 en lugares esquecidos de Galicia, Asturias e Portugal. “Os soños esquecidos” amosarase en Fene até o vindeiro 30 de outubro en horario de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
03-10-2022 -

A Biblioteca Municipal Pérez Parallé trae este xoves a Fene ao Mago Teto

Un dos magos máis veteranos e sobranceiros da escena galega, o Mago Teto, actúa este xoves, 6 de outubro, na biblioteca municipal de Fene. Presentará o espectáculo “4500 anos da incrible historia da maxia” co que pretende “espertar o interese pola arte da maxia na xente, e nas persoas que xa son afeccionadas á maxia, achegándoas á historia de tan apaixonante e sorprendente mundo”. A función comezará o xoves ás 18 horas pero, para asistir, cómpre reservar praza previamente na biblioteca, presencialmente ou por teléfono no 981 34 23 02. Horario: de 16.00 a 21.00 horas.
30-09-2022 -

O Concello de Fene inicia a restauración dos soportais da praza do Alcalde Ramón José Souto González

Hai tan só uns días comezaron as obras de renovación da pintura dos porches e do balcón da casa consistorial de Fene. Os traballos, adxudicados á empresa Prace Obras y Servicios, supoñen un investimento lixeiramente superior aos 61.000 euros, e con eles faráselle un profundo lavado de cara ao entorno da praza do Alcalde Ramón José Souto González, escenario dos eventos principais organizados polo Concello ao longo do ano.  Os traballos iniciáronse co lavado a presión e o lixado de todas as superficies para deixalas totalmente limpas e para retirar descamacións de pintura e cemento que puidesen afectarlle á adherencia do emplastecido e da pintura que, previsiblemente, se empezará a aplicar a semana que vén ante as previsións de tempo seco. 
30-09-2022 -

As Andainas por Fene percorrerán Maniños o venres 7 de outubro

Xa está aberto o prazo para apuntarse na ruta por Maniños que organizan a Concellería de Deportes e a SCRD O Pote para o venres, 7 de outubro, a partir das 17.30 horas. A andaina comezará no local da entidade e percorrerá O Conde, Boado, O Seixo, Peirao do Seixo e a praia de Maniños, para voltar ao punto de saída tras percorrer uns 6 quilómetros de dificultade media e cunha duración aproximada de dúas horas e media. A participación é de balde, pero cómpre anotarse (antes do venres 7 de outubro ás 13.30 horas) no teléfono 609 435 941.
29-09-2022 -

Abre o prazo de inscrición para o programa de envellecemento activo e participación social "Seráns activos 2022"

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade vén de lanzar unha nova convocatoria do programa “SERÁNS ACTIVOS” no que se enmarcan os obradoiros de “Espazo memoria” e “Lembranzas” que se desenvolverán de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello a través das entidades veciñais e culturais (as entidades colaboran facilitando os locais dacordo coa súa dispoñibilidade horaria). A maiores, o obradoiro de “Recuperación da memoria” realizarase no Centro Sociocomunitario de Fene. Todos os talleres ofertanse cunha periodicidade semanal e cunha duración de 1h e 30 minutos, a partir do 4 de outubro e até o mes de xuño. O prazo de matrícula xa está aberto, ata que se cubran as prazas ofertadas, por orde de inscrición (15 prazas por grupo). E, para matricularse, cómpre entregar cuberta a folla de inscrición (documento adxunto) no centro municipal de Servizos sociais ou na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal.