Novas

02-06-2021 -

O mural do 8 de Marzo aparece estragado con varias pintadas antifeministas e contra os obxectivos de desenvolvemento sostible da ONU

Sorpresa, indignación e estupor son os tres sentimentos que mellor describen a sensación que tivo esta mañá a veciñanza de San Valentín ao ver as pintadas feitas a pasada madrugada  sobre o mural do 8 de Marzo situado fronte ao Centro Municipal de Servizos Sociais e tamén no baixo dun bloque de edificios próximo. Unha sensación compartida polas traballadoras e pola responsable do departamento, Mari Carmen Rodríguez, quen, ao igual que o resto do barrio, asistiu ao "espectáculo covarde e vergoñento" representado en mensaxes que, na primeira localización, poñen en dúbida a reivindicación feminista e mailos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030, ademais de atacar noutro punto do barrio a Yolanda Díaz -Ministra de Traballo e natural de San Valentín-  cualificándoa de "traidora á clase obreira". O Goberno fenés condeou e denunciou o sucedido, considerando ademais que o contido das pintadas "vai máis aló dun simple acto vandálico".
02-06-2021 -

Cine e saúde para a rapazada de Fene, Mugardos e Neda

Tal e como vimos informando o Concello de Fene desenrola o Programa de Cine e Saúde . Programa de educación en valores co que, ademais, se pretende fomentar a prevención de condutas aditivas no eido local.
 
01-06-2021 -

O próximo 9 de xuño comeza unha nova edición do proxecto INDIRA – Espazo de Encontro e Apoio Emocional Entre Mulleres

O Servizo Municipal de Atención á Muller, dependente da Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Fene, informa do inicio dunha nova edición do Proxecto INDIRA, actividade dirixida a mulleres de Fene e bisbarra e subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo. O programa, que se desenvolverá do 9 de xuño ao 30 de setembro, artellarase en base a encontros semanais, nos que se abordarán diferentes temas e actividades relacionados con sexualidade e a saúde feminina, as intelixencias múltiples, as emocións, a violencia de xénero, as relacións persoais, o autocoidado, etc.
31-05-2021 -

O Concello reabre a Oficina de Turismo ao público a partir do día 1 de Xuño

A oficina está emprazada na Avenida Naturais e, nela, ofrécese un servizo de acollida, orientación e asistencia as persoas visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio.

A oficina comezará a funcionar o martes 1 de xuño até o 30 de setembro no seu horario habitual: de 8.30 a 14.00h. polas mañás e de 15.30 a 17.00h. polas tardes, de luns a venres.
31-05-2021 -

Reserva de prazas para as escolas deportivas de piscina e pavillón da Xunqueira

A partir deste martes, 1 de xuño, o alumnado matriculado no mes de maio de 2021 (que non teña cotas pendentes de pagamento) poderá solicitar cita previa para a reserva de prazas para o vindeiro curso nas escolas deportivas municipais de piscina e pavillón da Xunqueira. Para solicitar cita previa cómpre chamar por teléfono (981 492 804 / 607 626 812 / 981 340 936) de luns a venres, de 9.00 a 14.00 ou de 16.00 a 21.00 horas. A reserva de prazas (sempre baixo o sistema de cita previa) realizarase do 7 de xuño ao 6 de xullo, presentando o carné de usuario/a e, para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, achegando un recibo do banco co IBAN e os 20 díxitos da conta.
28-05-2021 -

Últimos días para participar na XXV edición dos Premios Curuxa do Humor

O vindeiro luns ás 23.59 horas remata o prazo de presentación de debuxos para o concurso de humor gráfico que organizan a Concellería de Cultura e o Museo do Humor de Fene. Nesta vixésimo quinta edición do certame, o/a gañador/a da Curuxa Gráfica (categoría para maiores de 25 anos) recibirá 2000 € e diploma e o gañador/a do segundo premio, 1500 € e diploma. Para a “Curuxa Nova” (categoría para menores de 25 anos) anúnciase un primeiro premio, dotado con 1.000 € e diploma, e un segundo premio, dotado con 500 € e diploma.
27-05-2021 -

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita Fene

As persoas que desexen doar sangue, poderán facelo o venres 28 de maio, de 15.30 a 21.00 horas, e o sábado 29 de maio, de 10.00 a 15.00 horas, no vehículo instalado fronte ao Centro de Saúde de Fene.
Para doar sangue, aconséllase solicitar cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828, sistema implantado para reforzar os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e garantir unha afluencia axeitada e ordeada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.
26-05-2021 -

O vindeiro martes abre o prazo de preinscrición para “Un verán diferente” no Concello de Fene

Un ano máis, a Concellería de Cultura de Fene volve apostar por favorecer a conciliación da vida
 aboral e familiar e proporcionar, á vez, unha alternativa de ocio na nosa lingua ás crianzas durante as vacacións de verán. Neste senso e baixo estas dúas premisas, presenta a segunda edición do campamento “Un verán diferente” para o que abre o prazo de preinscrición o martes 1 de xuño. A actividade desenvolverase no Colexio Centieiras de Perlío durante o mes de xullo e vai dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos. Para preservar a saúde dos/as participantes, dende o Concello de Fene salientan que se aplicarán “as normas e protocolos que para este tipo de actividades decreten as autoridades sanitarias” e das que se informará antes do comezo da actividade.
26-05-2021 -

A praia do Coído contará este verán con máis de 2.000 metros de aparcamento

A praia do Coído, situada en Limodre, é un dos areais máis concorridos de Fene por ser tamén o de maior extensión dos catro que hai na ribeira desta parroquia, aínda que quede algo escaso coa marea alta. Ademais tamén é dos mellores para o baño tal e como indican os datos da Consellaría de Sanidade, que cualifican a calidade das súas augas -e tamén as das outras tres praias- como excelentes. Porén, o Coído ten un problema: case non hai sitio para aparcar, a non ser na beira da estrada. Por sorte este inconveniente vai camiño de amañarse de cara a este verán despois de que a Concellaría de Urbanismo conseguise a cesión dun terreo que porá a disposición dos e das bañistas 2.116 m2 de estacionamento preto do acceso principal.
25-05-2021 -

O Concello transfíre as 91 axudas concedidas ao abeiro do PEL-Reactiva

O Concello asinou hoxe mesmo as transferencias do PEL-Reactiva, das que se beneficiarán 91 negocios de Fene, practicamente todos establecementos comerciais e hostaleiros.  Á convocatoria concorreron 169 negocios dos que un total de 91 resultaron beneficiarios da asignación inicial -a Deputación achegou para esta liña preto de 170.000 euros- mentres que 59 quedaron fóra por non cumprir as condicións e outros 19 por esgotamento do crédito provincial. Para estes últimos o Concello habilitará en breve unhas bases específicas dotadas con 46.000 euros, coa finalidade de que ningunha das solicitudes que cumprise os requisitos quede sen axuda.