Asignacións por asistencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados
Segundo o establecido no artigo 75 da Lei 7/1985, de 2 de abril, faise público o acordo do Pleno da corporación de 2 de outubro de 2008, en materia de asistencias dos membros desta corporación:
De conformidade co previsto no artigo 75 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local só os membros da Corporación que non teñan dedicación exlusiva nin dedicación parcial percibirán retribucións pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados da Corporación da que formen parte, na contía sinalada polo Pleno da mesma.
- Por asistencia efectiva ó Pleno do Concello:
- Sesión ordinaria: 402,52 € /sesión.
- Sesión extraordinaria: 77,39 €/sesión.
- Por asistencia efectiva á Xunta de Delegados: 336,07 €/sesión
- Por asistencia efectiva á Xunta de Goberno Local: 25,00 €/sesión.
O pago das asignacións realizarase previo certificado da Secretaría da asistencia efectiva de cada un dos membros da corporación municipal ás correspondentes sesións.
En caso de concorrer dúas ou máis sesións de calquera dos órganos indemnizables o no mesmo día cuxa hora de inicio, segundo a convocatoria, non difira en mais de tres horas, os Sres. concelleiros/as de que se trate percibirán a cantidade correspondente a unha soa sesión, aplicándose a sinalada á de maior contía.
Tendo en conta o actual contexto de crise económica, fíxase un máximo anual de indemnizacións por asistencias a determinados órganos colexiados dacordo co seguinte:
- Sesións extraordinarias do Pleno da Corporación e Xunta de Goberno Local: máximo indemnizable 8 sesións por exercicio, a excepción do ano 2011 no que serán só indemnizables 4 sesións.
- Sesións extraordinarias da Xunta de Delegados: máximo indemnizable 3 sesións por exercicio, excepto para o ano 2011 que serán só indemnizables 2 sesións.
Non serán indemnizables as sesións constitutivas dos órganos colexiados.