Orzamento 2008

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Asignacións por asistencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados

Acordos do Concello Pleno, sesión de 2 de outubro de 2008, publicados no BOP núm. 243 de 21 de outubro de 2008.

Segundo o establecido no artigo 75 da Lei 7/1985, de 2 de abril, faise público o acordo do Pleno da corporación de 2 de outubro de 2008, en materia de asistencias dos membros desta corporación:

De conformidade co previsto no artigo 75 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local só os membros da Corporación que non teñan dedicación exlusiva nin dedicación parcial percibirán retribucións pola concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados da Corporación da que formen parte, na contía sinalada polo Pleno da mesma.

Visto que o Pleno do Concello, en sesión celebrada en data 7 de agosto de 2008 adoptou o acordo de fixación das novas asignacións por asistencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados e advertido un erro no citado acordo no sentido de que no mesmo non se reflectiron a contía das asistencias ó Pleno

PROPÓNSE AO PLENO DA CORPORACIÓN A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO:.

Primeiro.- . Complementar o acordo adoptado polo Pleno da Corporación en sesión de data 7 de agosto de 2008, quedando fixadas as seguintes contías a percibir polos membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva nin parcial por asistencias aos órganos colexiados que se especifican:

-Por asistencia efectiva ó Pleno do Concello:
- Sesión ordinaria: 372,56 € /sesión.
- Sesión extraordinaria: 77,39 €/sesión.
- Por asistencia efectiva á Xunta de Delegados: 336,07 €/sesión
- Por asistencia efectiva á Xunta de Goberno Local: 25,00 €/sesión.
- Por asistencia efectiva á Xunta de Voceiros: 25,00 €/sesión.

Segundo.-. En caso de concorrer dúas ou máis sesións do Pleno ou Xunta de Goberno Local no mesmo día e cuxa hora de inicio, segundo convocatoria, non difira en máis de tres horas, os Sres/as Concelleiros/as de que se trate percibirán a cantidade correspondente a unha soa sesión, aplicándose a sinalada á de maior contía.

Terceiro.-. A contía das indemnización s fixadas neste acordo serán revisadas para cada exercicio orzamentario con efectos de 1 de xaneiro, na forma que establezan as bases de execución do orzamento de cada exercicio.

Cuarto.-. Deixar sen efecto o acordo sobre asignacións en concepto de asistencias a órganos colexiados adoptado en sesión celebrada en data 12 de xullo de 2007.

Quinto.- . Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia."

Fene, a 3 de outubro de 2008.

O ALCALDE
ASDO.- J. Iván Puentes Rivera

Retribución altos cargos

Publicado no BOP Nº 203 do 3 de setembro de 2008 o edicto relativo a retribución dos altos cargos:

Descargas
Ligazóns