Orzamento 2007

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Retribucións e indemnizacións para os membros da Corporación e persoal eventual

Acordos do Concello Pleno, sesión de 12 de xullo de 2007, publicados no BOP núm. 174 de 30 de xullo de 2007.

O Pleno da Corporación en sesión extraordinaria que tivo lugar o 12 de xullo de 2007 adoptou, entre outros, acordo relativo á aprobación da dedicación exclusiva dos cargos da Corporación que se indican, cuxa parte dispostiva di:

Primeiro.- Aprobar a dedicación exclusiva , en réxime de xornada completa, dos seguintes cargos da Corporación, coas retribucións que se indican e a correspondente alta na Seguridade Social :

  • Cargo: Sr. Alcalde-Presidente, Don José Iván Puentes Rivera. Retribución bruta anual (14 pagas), 41.874,84 €
  • Cargo: Concelleira con delegación especial dos servizos de Servizos e Mantemento, Dona Inés Roca Requeijo. Retribución brutal anual (14 pagas) 27.874,84 €


Segundo.- A contía das retribucións fixadas no apartado anterior será revisada para cada exercicio presupostario con efectos do 1 de xaneiro na forma que establezan as bases de execución do presuposto da Corporación para dito exercicio.

Terceiro.- Proceder á publicación do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos do disposto no artigo 75.5 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

Asemade, na mesma xuntanza do pleno tamén se adoptou, entre outros , acordo relativo á aprobación das indemnizacións por asistencias dos/as Sres./sras.concelleiros/as ás sesións dos órganos colexiados, cuxa parte dispostiva di:

Primeiro.- Determinar o importe das retribucións por asistencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados municipais que se indican, que percibirán os membros da Corporación que non teñan asignada dedicación exclusiva ou parcial:

  • Concello Pleno, sesión ordinaria, 372,56 euros
  • Concello Pleno, sesión extraordinaria, 77,39 euros
  • Xunta de Goberno Local, sesión ordinaria, 85,00 euros


Segundo.- En caso de concorrer a dúas ou máis sesións do Pleno ou Xunta de Goberno Local no mesmo día e cuxa hora de inicio, segundo convocatoria non difira en máis de tres horas, os Sres. Concelleiros/as de que se trate percibirán a cantidade correspondente a unha soa sesión, aplicándose a sinalada á de maior contía.

Terceiro.- A contía das indemnizacións fixadas neste acordo será revisada para cada exercicio presupostario con efectos do 1 de xaneiro, na forma que establezan as bases de execución do presuposto para dito exercicio.

Por último, nesa mesma sesión acordouse a determinación do número, características e retribucións do persoal eventual que se relaciona de seguido e que exercerá funcións de confianza e asesoramento especial, coa denominación e retribucións que a seguir se indican:

  • 2 postos de auxiliares de apoio ao goberno municipal. Requisitos: graduado escolar. Retribución bruta anual (14 pagas), 19.918,39 € €
  • 1 responsábel de comunicación. Requisitos: Graduado Escolar. Retribución brutal anual (14 pagas) 19.918,39 €
Descargas
Ligazóns