Retribucións e indemnizacións aos membros da Corporación
Capítulo IV. Retribucións e indemnizacións aos membros da Corporación
Base 37ª. Retribucións e indemnizacións aos membros da Corporación
En conformidade co estabelecido no artigo 75 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, artigo 225 da Lei 5/1997, de réxime local de Galicia e segundo o artigo 13 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais vixente, os membros electos da Corporación percibirán durante o exercicio de 2006 as seguintes retribucións e indemnizacións, segundo se determinan seguidamente:
- Retribucións do alcalde: O Sr. alcalde presidente percibirá, pola súa dedicación exclusiva ao Concello, un salario de 2932,41 euros ao mes máis dúas pagas extraordinarias.
O concelleiro que substitúa ao alcalde, en ausencia deste, cobrará a cantidade de 71,89 euros ao día - Indemnizacións: Todos os membros da Corporación terán dereito a 158,08 euros diarios polo concepto de axuda de custo completa ademais dos gastos derivados do aloxamento previa xustificación coa factura correspondente, 80,71 euros ao día por media xornada sen aloxamento. Cando a saída implique media xornada de actividade fóra da localidade fixarase en 33,17 euros ao día
- Gastos por viaxes: Aboaranse de xeito independente os gastos por viaxe, previa xustificación.
- Asistencia a sesións:
Todos os membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva percibirán asistencias pola concorrencia efectiva ás sesións do Concello en Pleno, de acordo co seguinte detalle:- Asistencia a Plenos Ordinarios: 372,56 euros/sesión
- Asistencia a Plenos Extraordinarios: 77,39 euros/sesión
- Asistencia de presidentes-delegados de área ou con responsabilidades de dirección de servizos:
Pola asistencia efectiva ao Concello para despacho de asuntos e exercicio das atribucións propias do cargo, así como despacho co Sr. alcalde-presidente, co fin de asistilo, 42,02 euros ao día de asistencia, até un máximo de 336,07 euros ao mes.
As cantidades, sinaladas nos apartados 4 e 5, ingresaránselles a título individual aos Sres. concelleiros, previa retención a conta polo concepto de IRPF da porcentaxe que lle notifiquen ao departamento de persoal, dentro dos quince días contados dende a adopción do presente acordo.
Para os efectos de xustificación de asistencia os presidentes delegados de área presentarán relación, referida ao día 25 de cada mes, comprensiva dos días efectivos de asistencia dos voceiros e deles mesmos, que deberá ser conformada co visto e prace do Sr. alcalde. - Compensación por gastos para o funcionamento dos grupos políticos con representación municipal:
Os grupos políticos municipais recibirán unha compensación por gastos para o seu funcionamento, segundo este detalle:- Por cada grupo político 172,46 euros/mes.
- Por cada concelleiro 36,49 euros/mes.
- Indemnizacións por gastos de viaxe:
A indemnización que se vai percibir como gastos de viaxe polo uso de vehículo particular en comisión de servizo será a cantidade por quilómetro percorrido (de 0,168283 euros por quilómetro no caso de coches e de 0,069116 euros por quilómetro no caso de motocicletas) segundo estabelece o R.d. 462/2002, do 24 de maio e demais lexislación que o desenvolve. - Asistencia a tribunais de avaliación
Todos os membros da Corporación percibirán, pola súa asistencia a tribunais de oposicións e concursos, as cantidades estabelecidas no Rd 462/2002, do 24 de maio, e disposición de desenvolvemento ou normas de carácter xeral que as substitúan.