Solicitude Parque Educación Viaria

Para solicitar unha visita e participar nos obradoiros é necesario cumprimentar a ficha de solicitude e presentala no Rexistro Xeneral do Concello de Fene sito na Praza Alcalde Ramón Souto González , s/n, por vía telemática a través da sede electrónica (ou nos lugares relacionados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común).

As actividades van dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (educación infantil e primaria) e consisten nunha sesión teórica de introdución á seguridade viaria e nunha sesión práctica de percorrido polo circuíto. A duración total do obradoiro é de (+/-) dúas horas. O número máximo por grupo será de (+/-) 25 participantes.

Notas para a cidadanía

Tamén se poden solicitar visitas complementarias ao Museo do Humor de Fene (ao mesmo tempo que un grupo participa nas actividades do Parque de Educación Viaria, outro visita o Museo).

Lugar de tramitación

Departamento de Cultura e Ensino

Avda. de Naturais 44, Entresollado dereita - 15500 Fene

Teléfono: 981 340 366 / Fax: 981 492 788 / Emailcultura.deportes@fene.gal

Horario de atención ao púbico: de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.

Áreas
Descargas