Solicitude de permisos de queima

Procedemento para a  comunicacións de queimas de restos agrícolas e autorizacións de queimas de restos forestais
 
Poderanse realizar comunicacións de queimas de restos agrícolas e solicitudes de autorización de queimas de restos forestais, de acordo ao sinalado no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
A cidadanía que desexe queimar restos agrícolas nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados poden cumprir coa esixencia de comunicación previa chamando ao teléfono 012, ou ben accedendo ao  trámite de comunicación de queimas por internet 


A cidadanía que desexe queimar restos forestais poden cumprir coa esixencia de solicitude da autorización a través do teléfono 012.
 

Ligazóns