O Concello dispón dun Punto de Información do Servicio Galego de Colocación no edificio de Formación e Emprego 'Pancho Allegue'.
Este sistema permite a renovación da tarxeta de demanda ou mellora de emprego no Concello. Para isto hai que rexistrar previamente a impresión dixital na Oficina de Emprego.
Desde o quiosco pódense realizar os seguintes servizos:
- Renovación da demanda de emprego mediante a impresión dixital
- Acceso as ofertas de emprego en difusión do Servizo Público de Emprego
- Acceso a información sobre Formación Ocupacional: cursos, programación…
- Acceso a páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos.