No departamento de Xuventude do Concello de Fene pódese solicitar esta tarxeta europea que permite ó seu posuidor acceder a certos servizos e establecementos a un prezo máis axeitado.
O Carné xove euro 30 é persoal e intransferible, e ten unha vixencia de dous anos, que se contarán desde a data da súa expedición. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Non podedes esquecer que todos os descontos que figuran nesta guía non serán de aplicación en periodo de rebaixas, liquidación, promoción ou sobre produtos xa rebaixados, nin nos pagos con tarxeta.
A través dun adhesivo, que recolle unha reprodución do logo euro.
Debedes ter en conta que estes establecementos poden darse de baixa notificándoo á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade con dous meses de antelación, polo que esta información aparecerá actualizada nesta páxina web.
Requisitos:
- Ter entre 12 e 30 anos (ámbolos dous inclusive)
- Cubri-lo impreso de solicitude.
- Fotocopia do D.N.I.
- Pagar previamente 6 euros.
Lugar de solicitude:
Departamento de Xuventude
Avenida de Naturais 44, entrechán dereita-centro - 1500 Fene
Teléfono: 981 340 366