Certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital

A través do Punto de Información Catastral sito na oficina técnica municipal, a cidadanía pode acceder ao servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.

Requisitos

Libre acceso para a consulta e certificación de datos catastrais non protexidos que consten na Base de Datos Nacional do Catastro.

Lugar de solicitude

Enderezo do PIC: Praza do Alcalde Ramón José Souto González, s/n, 15500, Fene
Horario: De 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

 

Ligazóns