Modificación dos horarios do Museo do Humor-Casa da Cultura

Modificación dos horarios do Museo do Humor-Casa da Cultura

A Concellaría de Cultura de Fene informa que durante as festas do entroido van variar os horarios de atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, na Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” e no Museo do Humor.

As instalacións estarán pechadas este sábado 25 de febreiro e tamén o mércores 1 de marzo (festivo local). Ademais, o luns 27 e o martes 28 de febreiro só abrirán pola mañá, de 10 a 14.15h.

A partir do xoves 2 de marzo reanúdase o horario habitual de inverno: de luns a venres de 10 a 13.00h. e de 16 a 21.00h. e os sábados de 10 a 13.00h.

Ligazóns