Anuncio cobranza padrón fiscal 2º trimestre escolas culturais e deportivas, curso 2016-2017
15-03-2017
Por Resolución da Alcaldía núm. 255/2017, de 9 de marzo, aprobouse o padrón fiscal correspondente ao 2º trimestre das Escolas Culturais e Deportivas, curso 2016/2017.
Exposición: O padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 1 MES, a contar dende o día seguinte á publicación deste Edicto no BOP. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao amparo do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, e artigo 24 do RXR.
Durante o periodo de exposición pública contra as liquidacións incorporadas ao padrón, tódolos interesados poderán interpor as reclamacións ou alegacións que consideren pertinentes ante a Alcaldía.