Exposición pública de padróns fiscais 2017
01-06-2017
Exposición pública de padróns fiscais 2017
Publicado no BOP do 01/06/2017 o anuncio da publicación provisional os padróns fiscais da taxa pola prestación do servizo de recollida de resíduos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos, taxa pola prestación de servizos no cemiterio municipal e taxa pola ocupación de vía pública con pasaxes permanentes, correspondentes ao exercicio 2017
Padróns expostos ao público neste Concello durante o prazo de un mes, a contar dende a publicación do presente anuncio no BOP aos efectos de que poidan presentarse as reclamacións ou alegacións pertinentes ante a alcaldía. O anuncio terá a consideración de notificación colectiva conforme determina o artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria tributaria e 24 do Rd 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Se ao remate do periodo de exposición pública non se presentaran reclamacións, os padróns consideraranse definitivamente aprobados.