Subscrición ás notificacións telemáticas

Subscrición ás notificacións telemáticas

Conscientes dos importantes cambios nas relacións da cidadanía coas Administracións Públicas derivados da entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e especialmente, no relativo ás notificacións administrativas, ponse a disposición da veciñanza unha guía explicativa do sistema de subscrición ás notificacións telemáticas do Concello de Fene.

O Concello de Fene dando cumprimento a estas novas  disposicións, informa de que todas as notificacións aos colectivos obrigados a relacionarse exclusivamente de xeito electrónico coas administracións, así como da cidadanía que así o solicite, practicaranse a través do sistema de notificación electrónica notifica.gal, accesible no enderezo https://notifica.xunta.gal

Finalmente, lembrámoslles que no relativo a presentación electrónica, poden acceder a través da sede electrónica sede.fene.gal

Ligazóns