Consulta web Regulamento de funcionamento do punto limpo
18-07-2017
Consulta pública polo prazo de 20 días hábiles do Proxecto de Regulamento de funcionamento do punto limpo de Fene. (Publicado en web 10.07.2017)
En virtude do establecido no artigo 133 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas elévase a consulta pública polo prazo de 20 días hábiles o seguinte Proxecto de Regulamento de funcionamento do punto limpo de Fene. Durante o dito prazo os interesados poderán presentar suxerencias ou opinións sobre
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación
c) Os obxectivos da norma
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias