Anuncio de cobranza do padrón correspondente ao 2º trimestre de 2017 de auga e saneamento, canon de auga e coeficiente de vertedura
08-08-2017
Por Resolución da Alcaldía núm. 847/2017, de 2 de agosto, aprobouse o padrón fiscal correspondente ao 2º trimestre do exercicio 2017 de subministro de auga e saneamento, canon de auga e coeficiente de vertedura.
Exposición: O padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 1 MES, a contar dende o día seguinte á publicación do Edicto no BOP. O anuncio ten carácter de notificación colectiva ao amparo do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, e artigo 24 do RXR.
Recursos: Durante o periodo de exposición pública contra as liquidacións incorporadas ao padrón, tódolos interesados poderán interpoñer as reclamacións ou alegacións que consideren pertinentes ante esta Alcaldía.
Finalizado o prazo de exposición pública os interesados poderán interpoñer os seguintes recursos:
- Reposición, perante a alcaldía deste Concello, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ó da finalización da exposición pública do padrón, que se entenderá rexeitado se ó transcorrer un mes dende a súa presentación non se resolve de maneira expresa.
- Contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses se a resolución do recurso de reposición se é expresa, e no prazo de 6 meses dende a súa interposición, se non o fose.
- Calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren oportuno A repercusión do canon de auga e do coeficiente de vertedura poderá ser obxeto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo.
Período de cobro: Dous meses contados a partir do día seguinte á publicación no BOP.
Transcorrido o prazo indicado procederase a esixi-los xuros de mora e os recargos que establecen os artigos 26 e 28 da Lei Xeral Tributaria e, no seu caso, as costas derivadas do procedemento de prema.
A falta de pago no periodo voluntario sinalado supoñerá a esixencia do canon de auga e coeficiente de vertedura directamente ao contribuínte pola vía de constrinxemento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
Carga de recibos domiciliados: Os recibos correspondentes a esta cobranza que figuren correctamente domiciliados, enviaranse ás respectivas entidades de depósito para que sexan adebedados nas contas dos seus clientes.
O que se anuncia e fai público para xeral coñecemento do presente EDICTO que ten carácter de notificación colectiva, en cumplimento do disposto no artigo 24 do Regulamento Xeral de Recadación e 102 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.