Emprazamento dos interesados no recurso contencioso-administrativo 212/2017
06-11-2017
O Xulgado do Contencioso-Administrativo N.1 de Ferrol remitiu ao Concello de Fene un oficio polo que lle ordenaba que se remitise o expediente administrativo e que efectuase o emprazamento para que poidan comparecer como demandados cantas persoas aparezan como interesadas no Procedemento Dereitos Fundamentais 212/2017, correspondente ao recurso-contencioso administrativo interposto por D. Juventino Trigo Rey, contra a convocatoria do Pleno Extraordinario para o debate e votación da moción de censura contra o alcalde rexistrada en data 11 de outubro de 2017.
En consecuencia, esta alcaldía acordou na data 02.11.2017, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer como demandados ante o referido órgano xudicial no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia e na web municipal.