Edicto información pública

Edicto información pública

Labores de xestión de biomasa nas líneas de Unión Fenosa Distribución S.A.

En cumprimento da Lei 7/2012 de Montes de Galicia, e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, comunícanse as operacións de xestión de biomasa que Unión Fenosa Distribución S.A. pretende realizar no Concello de Fene.

Nas liñas de distribución de enerxía eléctrica deberá xestionarse a biomasa nunha franxa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente. Ademais, na dita franxa non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007.

Por todo o indicado anteriormente, adxúntase o plano correspondente ó trazado das liñas onde se realizarán as labores de xestión de biomasa para que se publiquen no taboleiro de edictos do Concello para os efectos de que os propietarios dos terreos, se é do seu interese, poidan executalas previamente.

Se transcorridos 15 días desde esta publicación o propietario do terreo non efectuou as labores de xestión da biomasa indicadas, Unión Fenosa Distribución procederá á súa realización.

Período de exposición pública: 19.02.2018 – 09.03.2018 

Descargas