Segunda consulta web Regulamento de funcionamento do punto limpo

Segunda consulta web Regulamento de funcionamento do punto limpo

Feitos uns pequenos cambios no Regulamento do punto limpo do Concello de Fene que foi exposto na páxina web deste concello o pasado 10.07.2017, en virtude do establecido no artigo 133 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas elévase a consulta pública polo prazo de 20 días hábiles o seguinte Proxecto de Regulamento de funcionamento do punto limpo de Vilar do Colo.

Durante o dito prazo os interesados poderán presentar suxerencias ou opinións sobre
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación
c) Os obxectivos da norma
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias

Descargas
Ligazóns