Información relativa ao Padrón fiscal do IVTM, exercicio 2018
09-03-2018
O Padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, exercicio 2018, do Concello de Fene, aprobouse por resolución núm. 8318, do 6 de marzo de 2018, da Presidencia desta Corporación (Deputación Provincial da Coruña), na que se contén a relación de suxeitos pasivos, características e matrícula dos vehículos de que son titulares e cota a satisfacer, en cada caso, de acordo coa Ordenanza fiscal aprobada polo Concello.
O devandito padrón fiscal quedará exposto ao público na Deputación provincial (rúa Archer Milton Huntington, 17, 15071 A Coruña), onde poderá ser examinado polos interesados, desde o día 12 de marzo ao 16 de abril de 2018, ambos os dous inclusive.