Escolas culturais e deportivas, 2º trimestre curso 2017/2018
13-03-2018
Por Resolución da Alcaldía núm. 244/2018, de 7 de marzo, aprobouse o padrón fiscal correspondente ao 2º trimestre das Escolas Culturais e Deportivas, curso 2017/2018.
O padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 1 MES, a contar dende o día seguinte á publicación deste Edicto no BOP (BOP 13 de marzo de 2018). O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao amparo do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria, e artigo 24 do RXR.
Durante o periodo de exposición pública contra as liquidacións incorporadas ao padrón, tódolos interesados poderán interpor as reclamacións ou alegacións que consideren pertinentes ante a Alcaldía.