Listas definitivas de persoas admitidas, de agarda e excluídas nas Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio para o curso 2018/19
01-06-2018
Listas definitivas de persoas admitidas, de agarda e excluídas nas Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio para o curso 2018/19
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar anuncia a publicación das listas definitivas de persoas admitidas, de agarda e excluídas na Rede de Escolas Infantís de Galicia "A Galiña Azul", dependentes do Consorcio, para o curso escolar 2018/19.
O prazo de matrícula, tanto para as solicitudes de renovación como para as de novo ingreso, abrangue desde o día 1 ata o día 12 de xuño, ambos os dous incluídos.
A non formalización da matrícula no prazo anteriormente estipulado implicará ter por decaída a solicitude, de conformidade co previsto no artigo 16.1 da resolución da Xerencia de 01.03.2018 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas Escolas Infantís dependentes desta entidade para o curso 2018/19.