Convocatoria de selección para a creación dunha lista para bombeiro/a forestal condutor/a motobomba
13-06-2018
Publicada no BOP do 13/06/2018 a convocatoria de selección para a creación dunha lista de aspirantes a persoal laboral temporal como bombeiro/a forestal-conductor/a de vehículo motobomba (servizo de extinción de incendios) deste Concello
O obxecto desta convocatoria é a creación dunha lista de aspirantes a persoal laboral temporal como bombeiro/a forestal-condutor/a de vehículo motobomba (servizo de extinción de incendios) para a súa contratación, de ser o caso, neste ano 2018 e/ou nos vindeiros anos, sen prexuízo de que antes da súa contratación os aspirantes teñan que superar e acreditar os extremos requiridos no correspondente convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural, ou instrumento similar, e sempre que sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixidos pola normativa aplicable -neste ano, o artigo 19.DOUS da Lei 3/2017, de Orzamentos Xerais do Estado para 2017, prorrogados ao ano 2018- e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.
A lista de aspirantes que se cree terá vixencia ata o 31 de decembro de 2021, e solo resultará de aplicación ante a non dispoñibilidade das persoas contidas na lista de aspirantes creada por resolución da alcaldía núm. 845/2016, do 04.08.2016. Non obstante, a dita lista quedará anulada automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova lista de aspirantes.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. (BOP 13 de xuño 2018)