Acordo do 21 de xuño do tribunal de selección do proceso selectivo para a selección dun/ha técnico/a de turismo e creación dunha lista
22-06-2018
Publicado o anuncio do 21/06/2018 acordo do tribunal de selección do proceso selectivo para a selección dun/ha técnico/a de turismo e creación dunha lista.
Apróbase a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde de puntuación con sorteo entre os empatados coa finalidade de que o alcalde proceda ao nomeamento de formalización do contrato de traballo correspondente e á aprobación da lista de aspirantes para a contratación como técnico/a turismo con validez ata o 31.12.2023.
Contra os presentes acordos, actos de trámite cualificados que non poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes dende a súa publicación no taboleiro de edictos do Concello ou na páxina web do Concello ante o tribunal de selección ou ante o alcalde do Concello de Fene -órgano competente para a súa resolución-. Transcorrido o dito prazo sen terse interposto o recurso, os acordos serán firmes a tódolos efectos