Aprobación da lista de aspirantes a técnico/a de Turismo, conforme á proposta do tribunal cualificador recollida na acta do 21.06.2018
26-06-2018
Rematado o proceso selectivo e tendo en conta a acta do tribunal de selección do 21.06.2018, faise pública a Resolución de Alcaldía na que se da conta da aprobación da lista de aspirantes a técnico/a de Turismo,dentro do programa de subvencións dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes. O programa ten como obxecto financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2018 e crear unha lista de aspirantes a técnico/a de Turismo.