Período de pago a proveedores do segundo trimestre do ano 2018

Período de pago a proveedores do segundo trimestre do ano 2018

O Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a proveedores das Administracións Públicas e as condicións e o procedemento de retención de recursos dos rexímenes de financiación, previstos na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostenibilidade Financieira, establece que as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e publicarán nos seus portais web:  o período medio de pago global a proveedores, o período medio de pago da entidade (que no caso do Concello de Fene coincide co global porque non hai máis entidades), o ratio de operacións pagadas e o ratio de operacións pendentes de pago, todos eles referidos ó trimestre anterior, calculados segundo a metodoloxía establecida no mesmo, e segundo os modelos tipo de publicación facilitados ás corporacións locais polo Ministerio de Facenda.

A Disposición transitoria única do Real Decreto 1040/2017, de 22 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, establece que a primeira publicación trimestral do período medio de pago a proveedores realizada de conformidade coa metodoloxía prevista na modificación do artigo 5 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, será no mes de setembro de 2018 referida ó segundo trimestre de 2018.

Polo que unha vez remitidos os datos do 2º trimestre de 2018 resultantes do programa de contabilidade municipal ó Ministerio de Facenda a través da plataforma da "Oficina Virtual para la Coordinación Financiera con las Entidades Locales", resulta o documento adxunto para a súa publicación na páxina web municipal

Descargas
Ligazóns