Convocatoria de proceso selectivo para cubrir, pola quenda de promoción interna, catro vacantes de administrativo/a incluídas na OEP de 2017
19-12-2018
Publicado no DOG do mércores 12 de decembro o anuncio de convocatoria de proceso selectivo para cubrir, pola quenda de promoción interna, catro vacantes de administrativo/a incluídas na OEP de 2017 deste concello.
No BOP da Coruña núm. 230, do 3 de decembro de 2018 aparecen publicadas as bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo para cubrir, pola quenda de promoción interna, catro (4) vacantes de administrativo/a incluídas na OEP de 2017 do Concello de Fene, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, por concurso-oposición.
A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte á publicación desta convocatoria no BOE. (Publicación BOE 19 de decembro de 2018)