Aprobación inicial da modificación do anexo de subvencións nominativas
06-05-2019
PUblicado no BOP do 6 de maio a aprobación inicial da modificación do anexo de subvencións nominativas.
expediente permanecerá exposto ao público, na oficina da intervención municipal, durante o prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para os efectos de exame e presentación de reclamacións ante o Pleno, segundo o disposto no artigo 177, en relación co artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.
Se ao remate do período de exposición pública non se presentaran reclamacións, o expediente considerarase definitivamente aprobado, conforme ao establecido na citada lexislación.