Anuncio da exposición pública dos padróns fiscais 2019: imposto sobre bens inmobles urbanos, rústicos e de características especiais, imposto sobre actividades económicas

Anuncio da exposición pública dos padróns fiscais 2019: imposto sobre bens inmobles urbanos, rústicos e de características especiais, imposto sobre actividades económicas

IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES URBANOS, RÚSTICOS E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS

IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
A Presidencia da Deputación aprobou os padróns fiscais dos seguintes impostos dos concellos que delegaron a xestión tributaria e recadatoria:
– Imposto sobre actividades económicas (resolución núm. 26.096, do 30 de xullo de 2019).
– Imposto sobre bens inmobles urbanos (resolución núm. 18.563, do 29 de maio de 2019).
– Imposto sobre bens inmobles rústicos (resolución núm. 16.917, do 15 de maio de 2019).
– Imposto sobre bens inmobles de características especiais (resolución núm. 15.791, do 7 de maio de 2019).

Os padróns fiscais quedarán expostos ao público na Deputación Provincial (rúa Archer Milton Huntington, 17, 15011 A Coruña), onde poderán ser examinados polos interesados, dende o día 18 de setembro ata o 21 de outubro de 2019,
ambos os dous incluidos.

 

 

Ligazóns