XII Concurso de Tapas

XII Concurso de Tapas

O Concello de Fene organiza o XII CONCURSO DE TAPAS DE FENE, coa finalidade de promover e dinamizar a actividade da hostalería, fomentar a especialización e a mellora da calidade das tapas así como consolidar o tapeo tradicional.

O concurso terá dúas modalidades de participación: tapa tradicional e tapa creativa.

As tapas serán cobradas a 1,50 €.

Período de inscrición: Ata 16 de outubro (ambos incluídos)

Lugar de inscrición: Rexistro xeral do Concello de Fene.

Datas de celebración do concurso: Desde o 8 de novembro.

Ata 10 participantes: 2 semanas, do 8 ao 17 de novembro

Entre 11 e 15 participantes: 3 semanas, do 8 ao 24 de novembro

Máis de 15 participantes: 4 semanas, do 8 de novembro ao 1 de decembro.

Horario do concurso: Os venres de 20:00 a 22:00 h.

Os sábados de 13:00 a 15:00 e de 20;00 a 22:00 h.

Os domingos de 13:00 a 15:00h

Os interesados que queiran recibir asesoramento para a elaboración da tapa, poden solicítalo antes de inscribirse.

Descargas