Bases e convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista técnico/a de xestión

Bases e convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista técnico/a de xestión

O obxecto desta convocatoria é a creación dunha lista de aspirantes a técnico/a de xestión, para ser nomeado/a como funcionario/a interino/a, de prazas do grupo: A; subgrupo: A2; escala: administración xeral/especial; subescala: técnica.

Co resultado desta selección configurarase unha lista de aspirantes que se poderá utilizar cando se dea algún suposto legal para a cobertura destes postos con carácter interino (vacantes, baixas, vacacións, exceso ou acumulación de tarefas, execución de programas de carácter temporal...).

A lista de aspirantes creada terá vixencia ata o 31.12.2024.

O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 7 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.

 

Descargas
Ligazóns