Aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do servizo de taxi do Concello de Fene
13-01-2020
Publicado no BOP do luns 13 de xaneiro o anuncio relativo a aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do servizo de taxi do Concello de Fene.
Ábrese un período de exposición ao público por 30 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), aos efectos do seu exame e presentación de reclamacións ou alegacións, se é o caso.
No caso de que non se presente ningunha reclamación aos acordos iniciais, devirán definitivos.