Anuncio bases do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a peón
12-03-2020
Publicado o anuncio das bases de selección para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a e persoal laboral temporal de prazas de peón, mediante o sistema de concurso de méritos.
NOTA: Publicada no BOP do venres 13 de marzo o anuncio relativo a corrección de erros nas bases de selección para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a e persoal laboral temporal de prazas de peón. Ver aquí
ACTUALIZACIÓN PRAZOS COVID19. O prazo de presentación de instancias do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a e persoal laboral temporal de prazas de peón, mediante o sistema de concurso de méritos convocado por Resolución da alcaldía 226/2020 e rectificado por Resolución da alcaldía 229/2020, conforme foi anunciado no BOP da Coruña os días 12 e 13 de marzo de que remataba o vindeiro 18 de marzo, ATÓPASE SUSPENDIDO DENDE O MOMENTO DA ENTRADA EN VIGOR DO RD 463/2020.
As instancias que se presenten durante o período de suspensión non serán tidas en conta, sendo admitidas as presentadas ata o 14 de marzo inclusive e as que se presenten unha vez reanudado o prazo conforme á normativa anteriormente citada. Ver bando aquí
Descargas
Ligazóns
- Anuncio bases lista de aspirantes peón. Publicado no BOP 12/03/20
- Corrección de erros nas bases de selección para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a e persoal laboral temporal de prazas de peón
- 2ª modificación da Resolución da alcaldía núm. 226/220 de bases do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a prazas de peón