Información da Biblioteca Municipal de Fene COVID19

Información da Biblioteca Municipal de Fene COVID19

A biblioteca municipal informa de que ata novo aviso:
 
Non haberá atención presencial ao público na biblioteca de Fene, pero sí a través dos correos electrónicos (fene.rbgalicia@eidolocal.es ou biblioteca@fene.gal) e os teléfonos 981 34 23 02 / 607 62 53 46 no horario habitual.


Todos os préstamos que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata o 30 deste mes de forma automática. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución automáticamente. Non haberá sancións durante este período polo que non vos preocupuedes por isto.  É algo que temos en común todas as bibliotecas públicas da Rede así que, se tedes materiais doutras biblios pertecentes á rede, estarán incluidos nesta nova.

Mentres dure o estado de alarma as renovacións serán automáticas por parte do sistema, non tedes que preocuparvos nin estar pendentes.


Debido ás limitacións na circulación polas rúas, recomendamos as nosas persoas usuarias que non fagan uso do buzón de devolución 24h. Cando volva todo á normalidade daremos un prazo para ir poñendo ao día ás devolucións, reservas e renovacións.


A recollida das reservas posponse ata que se recupere a normalidade.

 

Que teñades boa lectura. Non vos esquenzades seguirnos no Facebook

 

 

Ligazóns