Descarga libros, películas, etc no GaliciaLe
21-03-2020
Os/as cidadáns que todavía non son socios/as de ningunha biblioteca da Rede, teñen a posibilidade de autorrexistrarse en GaliciaLe (plataforma de préstamo de libros electrónicos) para poder empregar esta plataforma gratuita na que poden atopar libros (con moitas novidades), películas, revistas, etc. para todos os públicos.
Así, poderán empregar GaliciaLe dun modo temporal cubrindo o formulario que hai na páxina web:
Importante! Cando remate o estado de alarma, todas as persoas autorrexistradas, terán o prazo dun mes para achegarse á biblioteca escollida e retirar o carné de biblioteca, que precisarán para utilizar todos os servizos da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Se non o fan, eliminaranse do sistema e deixarán de ter acceso a GaliciaLe.
Se teñen dúbidas, na biblioteca de Fene estamos no horario habitual a través do correo electrónico (bliblioteca@fene.gal) , Facebook e teléfono e os axudamos no proceso
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo galego" e outro que aloxa o "Catálogo en castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.