Aviso sobre o pagamento de cotas das escolas deportivas e culturais municipais covid-19
25-03-2020
O Concello de Fene informa que mentres dure o estado de alarma suspéndese o pagamento trimestral e mensual das cotas correspondentes ás escolas deportivas e culturais municipais.
Unha vez normalizada a situación, ditaranse as instrucións oportunas para a regularización destes pagamentos.