Información de interese sobre as citas nos centros médicos de Fene

Información de interese sobre as citas nos centros médicos de Fene

Aos efectos de reorganizar a atención asistencial o Sergas pecha eventualmente o centro de saúde de Maniños, porén, informámoslles que os veciños e veciñas de Fene que desexen pedir cita no centro de saúde de Fene ou preguntar algunha cuestión que non revista gravidade, deberán chamar ao seguinte teléfono:

Centro de saúde Fene: 981 34 14 32 en horario de 8:00 a 21.00 H

Teléfono información coronavirus 900 400 116

Emerxencias 112

Urxencias sanitarias 061

O persoal do centros médico contactará co usuario ou usuaria á maior brevidade.

Pregamos aos veciños e veciñas que eviten acudir aos centros médicos presencialmente.

O Concello de Fene lembra que, durante o tempo que dure o estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, permanece pechada a atención presencial nas oficinas municipais, agás aqueles servizos que son considerados esenciais. Neste período, a comunicación co Concello debe realizarse de forma telemática a través da Sede electrónica municipal ou vía telefónica, a través dos teléfonos da Casa do Concello (981 492 707), Policía Local (981 492 777), Protección Civil (663 379 073) e Servizos Sociais (981 492 706).

Ligazóns