Abre o prazo para que as familias soliciten as axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

Abre o prazo para que as familias soliciten as axudas de comedor escolar mentres estean suspendidas as clases presenciais

Ata o vindeiro día 6 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas de carácter directo dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar cuxo servizo xestiona a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mentres estean suspendidas as clases presenciais.

Cada familia presentará unha única solicitude na que incluirá a totalidade dos fillos e fillas (cada un deles debidamente identificado) que sexan comensais gratuítos e semigratuítos de 1 € no comedor escolar xestionado pola Consellería nun centro de ensino público; así como a información da conta bancaria onde realizar o ingreso da compensación.

Naqueles casos nos que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración dos equipos directivos dos centros de ensino onde estean escolarizados os seus fillos.

 

Ligazóns