Cancelado servizo recollida de Voluminosos
01-04-2020
A Concellería de Obras e Servizos informa que a partir da semana do 6 de abril o servizo de recollida de voluminosos queda cancelado ata novo aviso.
A Concellería quere agradecer a cidadanía de Fene a súa colaboración e recordar a importancia de limitar as saídas á rúa e extremar as medidas hixiénicas.