Ata o 26 de abril continúan vixentes as medidas de confinamento aprobadas no primeiro Real Decreto polo que se aprobou o estado de alarma
12-04-2020
Tras a ampliación do estado de alarma publicada no Boletín Oficial do Estado do 11 de abril, e que se manterá como mínimo ate as 00.00 horas do día 26 de abril de 2020, o Concello de Fene informa de que continúan vixentes as medidas de confinamento establecidas no Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo, polo que se declarou o estado de alarma.
Por iso, o Concello de Fene resalta a importancia de continuar cumprindo coas medidas de confinamento nesta nova etapa que afrontamos, para dese xeito seguir freando a evolución da pandemia do coronavirus – COVID-19.
Por último, o Ministerio de Sanidade ven de publicar unha guía de directrices de boas prácticas nos centros de traballo con medidas para a prevención de contaxios polo Covid-19. Poden descargala aquí