Corte de tráfico por mor das obras de saneamento o día 18 na Rúa da Paz
15-05-2020
A policia local de Fene informa que o vindeiro luns día 18 de maio, por mor das obras de saneamento que se van a realizar na Rúa da Paz, esta permanecerá pechada ao tráfico dende a primeira hora da mañá até rematar os traballos. Isto é, non se poderá circular nin estacionar nesta rúa.