O prazo para presentar a declaración da pensión non contributiva no caso de non tela presentado será do 1 de xuño ata o 18 xuño de 2020
27-05-2020
A partir do 1 de xuño de 2020 renovarase o cómputo dos prazos administrativos que se suspendeu na xestión das pensións da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva, prestacións sociais e económicas para persoas con discapacidade e complemento de aluguer.
O prazo, que finalizaba o 31 de marzo de 2020, para cumprir coa obrigación de presentar a declaración anual de ingresos polos pensionistas non contributivos viuse suspendido en aplicación da Disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020 e, por tanto, procede renovar o cómputo dos 18 días que restaban para a súa finalización para partir do 1 de xuño de 2020.
O novo prazo de presentación da declaración anual de ingresos de PNC: ata o 18 de xuño.
Unha vez trascurrido o prazo e no suposto de non presentar a declaración anual, realizaráse un segundo requerimento ao titular da pensión para que aporte a mesma.
Pode poñerse en conctato cos Servizos Sociais do Concello de Fene para realizar este trámite pedindo cita no teléfono 981342607/981492708.