Convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social, mediante o sistema de concurso libre
10-06-2020
O obxecto desta convocatoria é a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social para, segundo o caso, ser nomeado/a como funcionario/a interino/a dunha praza do grupo: A; subgrupo: A2; escala: administración especial; subescala: técnica ou ser contratado/a como persoal laboral temporal cunha categoría equivalente ó grupo: A; subgrupo: A2.
A lista de aspirantes creada terá vixencia ata o 31.12.2024. Non obstante, a vixencia da lista poderá prorrogarse por un período máximo dun ano, antes da súa caducidade, por razóns de urxencia e interese público debidamente motivadas. Non obstante, perderá a súa vixencia se antes de que finalice o dito período se realiza un novo proceso selectivo e se elabora unha nova lista de aspirantes para as mesmas prazas, agás disposición en contrario.
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ao modelo que figura no anexo I e dirixiranse ao alcalde da Corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.
Presentaranse no Rexistro xeral do Concello, podendo presentarse tamén conforme ao sinalado no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.
No caso de presentación presencial, será necesaria a cita previa para limitar o aforo, sendo as canles para realizar a petición as seguintes:
-Cita previa telefónica: 671 508 166
(De luns a venres en horario de 8.00 - 15.00 horas).
-Petición online: https://sede.fene.gal/opencms/gl/cita/
-Cita previa por correo electrónico: citaprevia@fene.gal
Á instancia, conforme ao modelo que figura no anexo I, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:
-Copia do documento nacional de identidade, ou pasaporte.
-Copia do título que acredita como requisito mínimo para acceder ao proceso selectivo.
-Documentos que acrediten os méritos alegados para a fase de concurso conforme á base sétima. A prestación de servizos deberá acreditarse co certificado expedido polo fedatario público da correspondente administración ou coa copia do nomeamento/contrato de traballo e o informe de vida laboral.
A formación acreditarase mediante copia do título correspondente ou do certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa.
-De ser o caso, copia do certificado do CELGA 4 ou equivalente, co que quedarán exentos/as do exame de galego.
Finalizado o prazo de presentación de instancias, o alcalde, mediante resolución, aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos que se publicará no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello, relacionándose os aspirantes excluídos con indicación da causa da súa exclusión.
Os aspirantes disporán dun prazo de 2 días naturais para a emenda das deficiencias que se sinalen. Estas emendas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que se publicará no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello e na que se incluirá a composición do tribunal -de non terse designado nun momento anterior-.
Contra a resolución na que se declare a lista definitiva de admitidos e excluídos, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, ou directamente recurso de contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a xurisdición contenciosa-administrativa, contados a partir do seguinte ao da publicación no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello.
O resto das resolucións serán expostas no taboleiro de edictos e publicadas na páxina web do Concello.