Convocatoria do proceso de selección de persoal laboral temporal, 2 peóns/as de xardiñeiro/a, mediante o sistema de oposición, para a realización da obra ou servizo denominado “Traballos de mantemento forestal”

Convocatoria do proceso de selección de persoal laboral temporal, 2 peóns/as de xardiñeiro/a, mediante o sistema de oposición, para a realización da obra ou servizo denominado “Traballos de mantemento forestal”

Publicado o anuncio convocatoria do proceso de selección de persoal laboral temporal, 2 peóns/as de xardiñeiro/a, mediante o sistema de oposición, para a realización da obra ou servizo denominado “Traballos de mantemento forestal”.

As contratacións serán a xornada completa e cunha duración de 9 meses dende a súa sinatura,
realizándose na modalidade de duración determinada prevista no apartado a) do artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

A admisión de candidatos/as coincidirá coa selección realizada polo Servizo Público de Emprego, que deberán presentar as solicitudes para tomar parte nas probas selectivas conforme ao modelo que figura no Anexo I, ata o día 29 de xuño e dirixiranse ao alcalde do Concello expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos nas bases.

Presentaranse no Rexistro xeral do Concello, podendo presentarse tamén conforme ao sinalado no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

No caso de presentación presencial, será necesaria a cita previa para limitar o aforo, sendo as canles para realizar a petición as seguintes:


-Cita previa telefónica: 981 06 10 34 / 671 508 166
(De luns a venres en horario de 8.00 - 15.00 horas).
-Petición online: https://sede.fene.gal/opencms/gl/cita/
-Cita previa por correo electrónico: citaprevia@fene.gal


Á instancia, conforme ao modelo que figura no anexo I, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:


· Copia do D.N.I. ou equivalente.
· Copia tarxeta de demandante de emprego.
· Copia da tarxeta sanitaria.
· De ser o caso, copia do CELGA 1 co que quedarán exentos do exame de galego.

Descargas