Convocatoria dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a e persoal laboral temporal oficial albanel, oficial de obras, peón/a de obras e peón/a de xardinería, mediante concurso-oposición libre
10-07-2020
Publicado no BOP núm. 105, do venres 10 de xullo, o anuncio das bases de selección para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a e persoal laboral temporal de prazas de oficial albanel, oficial de obras, peón/a de obras e peón/a de xardinería mediante o sistema concurso-opsoción libre.
Serán requisitos mínimos dos aspirantes a esta selección de persoal:
-Ter a nacionalidade española, sen prexuízo de ter outra nacionalidade que lle permita o acceso ao emprego público, de conformidade co disposto no artigo 52 Lei 2/2015 do emprego público de Galicia.
-Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
-Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non se achar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
-Para os/as aspirantes á prazas de oficial: posuír o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente
A lista de aspirantes creada terá vixencia ata o 31.12.2024. Non obstante, a vixencia da bolsa poderá prorrogarse por un período máximo dun ano, antes da súa caducidade, por razóns de urxencia e interese público debidamente motivadas.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de 7 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, dende o sábado 11 de xullo ao venres 17 de xullo, inclusive.