Bases para a selección do alumnado e do persoal directivo e docente para a realización do proxecto do obradoiro de emprego de garantía xuvenil “INICIA V”

Bases para a selección do alumnado e do persoal directivo e docente para a realización do proxecto do obradoiro de emprego de garantía xuvenil “INICIA V”

Publicadas as bases para a selección do alumnado e do persoal directivo e docente para a realización do proxecto do obradoiro de emprego de garantía xuvenil “INICIA V”.

Obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal do seguinte persoal para a xestión e o desenvolvemento do obradoiro de emprego:

  • un/unha director/a (xornada completa) (Anexo II)
  • un/unha docente para impartir o certificado de profesionalidade de (FMEC0108) Fabricación e montaxe de instalacións de tubería industrial de nivel 2 (xornada completa) (Anexo III)
  • un/unha docente de ensino básico (media xornada) (Anexo IV)
  • un/unha docente de formación empresarial (media xornada) (Anexo V)
  • dezaseis (16) alumnos/as traballadores/as inscritas no ficheiro nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade autónoma de Galicia (Anexo VI)

Os/as demandantes de emprego preseleccionados/as pola oficina de emprego, serán informados/as e convocados/ as para participar no proceso de selección (polos concellos promotores do obradoiro) unha vez presentada a oferta de emprego.

O número de candidatos/as a remitir pola oficina de emprego, deberá ser, na medida do posible e como mínimo de tres por posto.

A admisión de candidatos/as coincidirá coa selección realizada polo Servizo Público de Emprego, que deberán presentar as solicitudes para tomar parte nas probas selectivas conforme ao modelo que figura no Anexo I, ata o día 19 de agosto e dirixiranse ao alcalde do Concello coa documentación publicada nestas
bases co obxeto de ser valorada polo grupo mixto segundo o baremo.

Descargas