Comisión de servizos entre persoal municipal de diversos postos vacantes de conserxería
27-08-2020
Publicado o decreto 785 do 27 de agosto relativo á convocatoria mediante comisión de servizos entre persoal municipal de diversos postos vacantes de conserxería.
Convócase a provisión dos postos vacantes de conserxería da Unidade de Conserxería, Mantemento, Conservación e Limpeza de Instalacións Municipais, Sección de Conxersería para desempeñar as ditas tarefas no CEIP O Ramo, CEIP Centieiras e Casa da Cultura, mediante a súa cobertura en comisión de servizos por un/unha funcionario/a de carreira en activo do Concello da Fene pertencentes ás Escalas de Administración Xeral ou Especial, e o grupo de clasificación Agrupación profesional sen titulación, ao abeiro do previsto no artigo 96 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
A incorporación das persoas seleccionadas terá lugar de modo inmediato e polo prazo dun ano, prorrogable, agás cobertura interina ou definitiva dos postos antes de que transcorran os ditos prazos.