Exposición pública padróns fiscais

Exposición pública padróns fiscais

 A Presidencia da Deputación aprobou os padróns fiscais dos seguintes impostos dos concellos (entre eles Fene) que delegaron a xestión tributaria e recadatoria:

- Imposto sobre actividades económicas

- Imposto sobre bens inmobles urbanos 

- Imposto sobre bens inmobles rústicos 

- Imposto sobre bens inmobles de características especiais 

Os padróns fiscais quedarán expostos ao público na Deputación Provincial (rúa Archer Milton Huntington, 17, 15011 A Coruña), onde poderán ser examinados polos interesados, dende o día 17 de setembro ata o 20 de outubro de 2020, ambos os dous incluidos.

Tendo en conta a actual crise sanitaria, as consultas faranse a través do correo electrónico atención.tributaria@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono 900 132 204.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva segundo o disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Ligazóns